Novidades na aula virtual


Empezamos semana e empezamos mes.
Temos novidades na aula virtual

Deixo aquí un resumo:

1. Traslado o apartado especial Día do Libro con recursos e actividades relacionados cos libros, os contos e as lecturas en xeral, para máis abaixo, pois o día xa pasou. 
Xa non podemos participar nesas propostas pero si que podemos velas.
2. Abro un apartado especial sobre videoconferencias, onde deixo toda a información sobre como imos facer as quedadas virtuais no mes de maio. 
3. Engado novos vídeos no apartado para facer lettering. Se queres facer letras bonitas conmigo, pásate por alí.
4. Como o laboratorio de música 01 foi un éxito vou engadir un laboratorio novo que vos vai encantar.

Agardámoste na aula virtual de música.

Se tes problemas para entrar, déixame aquí un comentario e che axudarei o antes posible.
Ana


No hay comentarios: