Bo día alumnos, familias e profes: Como cada ano, este 30 de xaneiro celebramos o DÍA DA PAZ E NON-VIOLENCIA. A música foi, é e será un transmisor de bos desexos e reivindicación de dereitos e liberdades.
Todos temos cancións emblemáticas e xeniais que nos fan sentir mellor.
Hoxe vos queremos propoñer realizar unha lista de reproducción conxunta, na que sumar todas esas cancións que teñen mensaxes de paz, liberdade, fraternidade, igualdade e que, polo tanto, axudan na procura dun mundo mellor.
Para participar podes engadir un comentario a este artigo indicando:
- O TEU NOME E CURSO
- O TÍTULO DA CANCIÓN
- O NOME DO GRUPO OU CANTANTE
Se tamén o desexas podes incluir o enlace do vídeo de youtube que queres que sumemos á lista.
En menos de 24 horas estará aloxado na lista común.
Se non queres engadir os teus datos aquí, podes escribir a musica@ceipportofaro.com e indicar os mesmos datos e faremos o mesmo procedemento.
Para ver a lista podes premer na imaxe:
Moitas grazas por participar.
Disfruta moito coa música compartida e que teñas moita paz e amor.
Saúdos