Canciones para o planeta

Ola, familias.

Unha das novidades na aula virtual de música da semana pasada foi unha canción en formato vídeo sobre reciclar, reutilizar e reducir, as famosas 3R.
Trátase dunha canción moi pegadiza que unha vez escoitas segue na túa cabeza así como repetídose.

Podes vela na aula virtual se pinchas AQUÍ

Alí pedíache que unha vez a escoitases me deses a túa opinión sobre a canción ou sobre reciclar.

Andrea, no seu comentario compartiu outra canción do estilo que está xenial e ocorréuseme que podiamos encher un muro entre todos e todas coas cancións que coñezamos ou que atopemos que poden ser desta temática.

Así que aquí che deixo un vídeo para que vexas como podes incluir un vídeo de youtube no muro, que por outro lado nos serve para ter todas as cancións a man.







Agardo que che guste moito a idea.

Moitas grazas, Andrea, por compartir a canción.

Moitas grazas a todos e todas por entrar na aula virtual e facer as propostas. Alédame moito vervos e lervos.

Ana




Preme AQUÍ se queres saber como se entra na aula virtual de música.

Preme AQUÍ se xa sabes entrar na AULA VIRTUAL DE MÚSICA

No hay comentarios: