Letras bonitas na aula de música


Ola, familias.

Sodes moitas as que xa estades dentro da AULA DE MÚSICA virtual. Moitas grazas!!!

Pincha AQUÍ para acceder directamente.

Lembrade: para entrar necesitades o NÚMERO DE EXPEDIENTE para utilizar como usuario e o mesmo número ao revés para utilizar como contrasinal.
Se tes dúbidas podes escribirme aquí a modo de comentario ou ao meu correo

amaral@edu.xunta.es

A primeira vez que accededes á aula de música vos pide unha chave de matriculación. Escribide a palabra:

pentagrama

E despois xa entraredes directamente pinchando neste enlace sempre (con usuario e contrasinal, claro)


Unha das últimas novidades é que no apartado LETTERING FÁCIL acabo de engadir un montón de vídeos para practicar a debuxar letras bonitas.

Xa sodes moitos os que estades debuxando letras cos vídeos.
Moitas grazas a Andrea, María, Noel, Joel, Marcos e Adrián por compartir as vosas prácticas en foto.

Déixovos unha imaxe para facer boca.
E ti, a que esperas para entrar na aula de música?

Agárdovos alí.

Grazas, quérovos



Muro de Lettering Fácil  (na aula virtual de música) para practicar e compartir letras bonitas

No hay comentarios: