Ola a todas e todos:
Estou realmente emocionada coa de novidades que atoparás na aula virtual de música a partir de hoxe.
PREME NA FOTO:
Este artigo é para recopilar e avisar de todas as cousas que atoparás na aula virtual de música durante a segunda quincena de abril.
1. Abro un apartado especial Día do Libro con recursos e actividades relacionados cos libros, os contos e as lecturas en xeral. Alí podedes atopar:
- un muro con enlaces a contos e libros ilustrados recopilados polas mestras de infantil do cole.
- un muro para participar aportando un conto, libro, historia que teña relación coa música.
- un conto narrado por min e un enlace para poder disfrutar de todas as historias en audio do libro "Contos por teléfono" de Gianni Rodari.
- o conto "Un bicho extraño" cantado por min.
- e unha proposta de facer unha quedada virtual o xoves ás 10:00. Solo tes que seguir os pasos que indicarei e ter un libro contigo.
2. Abro un apartado especial de instrumentos onde podes atopar:
- unha proposta para crear un instrumento con cousas que teñas pola casa.
- un vídeo onde che explico como podes acceder a distintos instrumentos para compoñer as túas melodías.
- un foro para compartir os enlaces das túas composicións e ver as dos compañeiros e compañeiras artistas.
3. Empezo unha serie de vídeos de iniciación ao lettering.
- Tes un muro con vídeos e propostas de exercicios e un sitio para compartir as túas creacións. Que ganas de velas.
- Tes un muro con vídeos e propostas de exercicios e un sitio para compartir as túas creacións. Que ganas de velas.
4. Recoloco dúas propostas que están dende o principio, a das cancións favoritas e o traballo de investigación en dous bloques de contido novos para, máis adiante, avanzar neles.
- nace un bloque que se chama As cancións, próximamente vou propoñer crear una "play list" con todas as aportacións para que todos e todas podamos disfrutar da música.
- nace un bloque que se chama Os oficios na música onde coloco a tarefa da investigación das persoas músicas.
5. Podes ver tamén que hai un cuestionario para cubrir no que me gustaría que participases.

Espero e deseño que estés moi ben. Teño moitas ganas de verte. :)
Un abrazo
Ana
nota: déixame se queres un comentario aquí 👇🏻, contestarei o antes posible.
Grazas 🙏🏻
No hay comentarios:
Publicar un comentario