Carta ao alumnado do cole. Grazas

Ola a todas e todos:
Son Ana, a mestra de música. Na miña casa, por sorte, estamos todos ben.
Desexo que ti e a túa familia tamén o estedes.

Dende hai semanas creei un curso virtual de música na aula virtual do cole para ti.
Alí atoparás un montón de propostas para facer, ler, escribir, bailar, cantar, contar, compoñer e disfrutar coa música e co resto de compis do cole.
Para explicarte como entrar creei este blog.

Ao mellor ti xa entraches algunha vez na aula virtual, ou entras todos os días.
Quero que sepas que me fai moi feliz que entres e participes.

GRAZAS!

Todas as semanas hai novidades, para que podas escoller o que facer.

Agora che deixo 2 enlaces, preme no que necesites:

  • Se queres saber como entrar no curso de música da aula virtual do cole preme AQUÍ
  • Se xa sabes entrar na aula virtual de música preme AQUÍ


Se tes dúbidas ou problemas avísame contestando a este correo ou escribíndome ao meu amaral@edu.xunta.gal


Unha grande aperta,
Vémonos na aula virtual de música.

Ana

No hay comentarios: